FACe Factura Electrónica 

Por acordo da Xunta do Goberno Local de data 21 de novembro de 2014 o Concello de Agolada procedeu á adhesión do Concello á plataforma electrónica "FACe"- Punto Xeral de Entradas de Facturas Electrónicas, da Secretaría de Estado de Administracions Públicas, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, prevista na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro contable de facturas no Sector Público e na Orde Ministerial HAP/1074/2014 do 24 de xuño, pola que se regulan as condicions técnicas e funcionais que debe reunir o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas, coa seguinte estrutura administrativa:
 
1- Código oficina contable:    L01360209
2- Código Órgano Xestor:      L01360209
3- Código Unidade de tramitación: L01360209
 
O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto na DA 6ª da citada Lei 25/2013